08/06/07

XORNADAS DE CREACIÓN NA AROUSA-GALIZA

recibido de COSEGA

NÓS E A REDE Poesía - Performances ou accións – Música – Fotografía - Audiovisual.

TEMAS:
1. Males do capitalismo globalizador.
2. Rede ou arañeira como concepto,imaxe...
3. Ou otros temas que os participantes decidan libremente.
“NÓS e A REDE 1”
Vilagarcía de Arousa
EXPLANADA DO AUDITORIO – Parque Miguel Hernández
Sábado, 14 de xullo do 2007
Ás 20 horas comézase coa inauguración da exposición de fotografías “ARAÑEIRAS 1” – Auditorio
“NÓS e A REDE 2”
Cambados
AUDITORIO e PATIO do CENTRO COMARCAL EXPOSALNÉS
A Calzada
Martes, 17 de xullo do 2007
Ás 20 horas comézase coa inauguración da exposición de fotografías “ARAÑEIRAS 2” – Sala da 2ª planta – C. C. Exposalnés
“NÓS e A REDE 3”
Illa de Arousa
PRAZA ANEXA ao CONCELLO
Venres, 20 de xullo do 2007
Ás 20 horas comézase coa inauguración da exposición de fotografías “ARAÑEIRAS 3” - Auditorio
INTERVENCIÓNS:
o Dependerán dos participantes, pero será mellor vir preparados para intervir varias veces.
o Nos audiovisuais reconmendamos que o tempo sexa aproximadamente de 5 minutos.
o Para as exposicións de fotografía recomendamos que o número de obras sexa polo menos de 5. As medidas das obras (reconmendamos):
Máximo: 70 cm , Mínimo: 45 cm
Tamén poden os fotógrafos variar estas medidas se o consideran oportuno.
IMPORTANTE:
o Os concellos de Vilagarcía e da Illa de Arousa fannos folletos e cartaces, polo tanto necesito saber os participantes para incluílos nos devanditos folletos. Tedes como prazo para comunicarmo o 10 de xuño, pois ao día seguinte, día 11, teño que entregar toda a documentación nos devanditos concellos.
Tedes que indicarme se participades nos 3 encontros ou en cales.
o O Concello da Illa de Arousa ademais disto darannos un petisco o 20 de xullo ao rematar “NÓS e A REDE 3”.
o Estes dous concellos teñen moita ilusión con este Proxecto. Estaría ben que a participación fora abondosa
ORGANIZACIÓN: Saúl Otero – 986 520 905 – 649 729 785
COLABORADORES: Ladislau da Regueira e Lois Magariños.
DESEÑO: Ladislau da Regueira.
RECOLLIDA DOCUMENTAL MULTIMEDIA:
o Alexandre Otero - Fotografía
o José Mª Solla - Vídeo
ENTIDADES COLABORADORAS:
o Concello de Vilagarcía de Arousa
o Concello da Illa de Arousa.
Cambados, 3 de xuño,2007.
Saúl Otero.

CONTACTO saularnosa@yahoo.es